Thursday 09 de May de 2024

A Xunta forma aos bombeiros da Coruña no uso dos equipos de comunicación de emerxencias con tecnoloxía ‘Tetra’


Galicia conta dende o ano pasado cunha rede de telecomunicacións propia que permite coordinar todas as forzas de seguridade e emerxencias integradas nela

A tecnoloxía ‘Tetra’ é a máis punteira para este tipo de redes de seguridade pública e caracterizase pola súa probada fiabilidade
 A sesión estivo dirixida aos responsables dos parques de bombeiros que forman parte do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña

Santiago, 31 de agosto de 2016.- A Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Emerxencia e Interior, impartiu esta mañá unha sesión formativa sobre o correcto uso dos equipos de comunicación con tecnoloxía ‘Tetra’, dirixida aos responsables dos parques de bombeiros que integran o Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña.

Galicia conta dende o ano pasado cunha rede de telecomunicacións propia para xestionar todas as comunicacións dos corpos de emerxencia e seguridade. Esta rede permite a coordinación de todas as forzas de seguridade e emerxencias integradas: bombeiros, policía, urxencias sanitarias, 112, GES, Protección Civil ou Incendios Forestais.

A rede da Xunta emprega a tecnoloxía ‘Tetra’, a máis punteira para este tipo de redes de seguridade pública e caracterizase pola súa probada fiabilidade incluso en situacións extremas ou de saturación, como accidentes, desastres naturais ou grandes aglomeracións.

Esta rede ponse a disposición de distintos organismos públicos, como deputacións ou concellos, conseguindo, deste xeito, unha maior coordinación dos distintos servizos de emerxencias, así como un aforro efectivo no gasto en teléfonos móbiles e sistemas locais.

A sesión formativa impartida hoxe está enmarcada na cesión de novos terminais de comunicación aos parques de bombeiros que forman parte do Consorcio Provincial da Coruña, xa adherido á rede Resgal, que na actualidade conta con 114 concellos, tres mancomunidades e cinco consorcios de bombeiros.

Os corpos de emerxencia e seguridade xa integrados na rede son: Axencia Galega de Emerxencias, Policía Autonómica, Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia e Urxencias Sanitarias – 061.